Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 22 de maio de 2018

Fotos de partidos

Chegando ao fin da tempada 2017/18, deixamos aquí unhas fotos dos últimos encontros de distintas categorías.

Xornada de minibalonmán en Santiago o domingo 13 de maio.


Camariñas - Zas Benxamin
BM Camariñas - Agrupación Deportiva Zas
Benxamín


OAK Xiria- Xallas Benxamin
OAK English Xiria- BM Xallas
Benxamín

Ribadosar Alca-Pico blanco Xiria Benxamin
Ribadosar Alca - Clínica Dental  Pico Blanco Xiria
Benxamín
BM Camariñas B - Ribadosar Alca Omega
BM Camariñas B - Ribadosar Alca Omega
Alevín

Ribadosar A Epsilon - Telepizza Carballo Xiria Alevin
Ribadosar Alca Épsilon - Telepizza Carballo Xiria
Alevín
LK Xiria - EDM Concello Muxia - BM Camariñas  ALevín
LK Xiria - EDM Concello Muxia - BM Camariñas
Alevín


Infantil Feminino Copa mercores 16 de Maio Quiroga Palacios

BM Ribadosar - Punta del Este Xiria Infantil femenino
BM Ribadosar - Punta del Este Xiria
Infantil feminino

Cadete Masculino Copa Fase Final sábado 19 de maio O Rosal

Atl Novas Acanor - BM Ribadosar Amancio Deportes
Atl Novas Acanor - BM Ribadosar Amancio Deportes
Cadete Masculino







martes, 8 de maio de 2018

Horarios de balonmán para o 12 e 13 de maio

Esta a chegar o fin da tempada 2017/18.

Hoxe martes os nenos infantís xogan o seu ultimo partido de competición oficial en Abegondo.

O Sábado no Pavillón Quiroga Palacios as 12:00 partido de cadetes, cuarta xornada de copa contra o Bm Tui.

Domingo xogase a derradeira xornada de minibalonmán provincial en Santiago, no Pavillón Quiroga  dende as 10:00 ata as 14:00 horas. Participan equipos de Santa Comba, Carballo, Camariñas, Zas, Muxia e Santiago.

Tamén o domingo en Roxos no Carmen Estévez xogan as infantís femininas fronte o Encaixe de Camariñas as 12:45.

O Partido aprazado de infantil feminino entre o BM Ribadosar vs Punta del Este Xira xogase o mércores 16 de maio as 18:30 no pavillón Quiroga Palacios.



mércores, 25 de abril de 2018

Horarios para o 28 de abril

Estés son os horarios para o sábado 28 de abril.


Dende aquí  dámoslle  os parabéns ao equipo cadete Ribadosar Táboa Asesores polo segundo posto na copa federación. Todos sabemos que foi unha temporada dura para o equipo, competindo con 6 xogadores de idade infantil, non foi fácil pero chegando ao final da tempada foron collendo mais ritmo. Dende aquí unha aperta para todo o equipo e a seguir traballando de cara a próxima tempada.



martes, 17 de abril de 2018

Promoción do Balonmán


Dende o Balonmán Ribadosar propuxémonos darlle un pequeno empuxón ao Balonmán na comarca de Santiago.

Non queremos que ningún neno/a deixe de xogar ao balonmán porque non o coñeza.

Para iso fixemos un programa en colaboración cos profesores de Educación Física de distintos centros educativos da comarca de Santiago. O programa consiste en darlles varias sesións  de iniciación ao balonmán  nas clases de educación física a os nenos/as.

Con esta iniciativa o que buscamos e que os nenos e nenas  que cursan dende 3º ata 6º de infantil coñezan o balonmán sen desprazarse do seu colexio.

Ademáis de poder practicar o balonmán na clase de E.F., todos os nenos/as teñen a opción a vir a probar un adestramento totalmente de balde cos equipos que adestramos no Pavillón Quiroga Palacios.

Se queres participar nun adestramento con un equipo do Balonmán Ribadosar so tes que pinchar aquí e deixar os teus datos. Poñerémonos en contacto contigo para concretar día e hora. 

Si eres responsable dun centro educativo, mestre de Educación Física ou sinxelamente un apaixonado do balonmán e queres que os teus alumnos coñezan mellor este deporte, podémosche  axudar. Ponte en contacto con nos a través do e-mail ribadosar@gmail.com.