Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 31 de outubro de 2012

Entrevista a Gregorio en Radio Obradoiro

Deixovos aquí a entrevista que lle fixerón o día 30 de outubro a Gregorio en Radio Obradoiro


Partido do equipo cadete este sábado en Bueu

Este sábado día 3 de novembro ás 10:00 da mañá xogase o partido entre os equipos cadetes  RIBADOSAR ABRIGADOIRO - BUEU ATL. no pavillón municipal de deportes en Bueu.


Saímos as 8:00 da maña do colexio Quiroga Palacios

Como chegar o Pavillón Municipal de Deportes

luns, 8 de outubro de 2012

DEBUT DO EQUIPO CADETE RIBADOSAR ABRIGADOIRO CON BO SABOR DE BOCA

Primeiro partido dunha longa tempada, para o noso equipo cadete celebrado en Redondela ante a S.A.R.

Dende o principio os xogadores do equipo local demostraron a súa maior experiencia neste deporte, impoñendo o seu xogo ante os nosos voluntariosos rapaces que, pouco a pouco foron asentándose no campo e que mesmo por momentos e grazas ás boas intervencións do noso porteiro 
Andrea, se impoñía en curtos parciais do partido.


A destacar a achega de 
Danyer e Adrián dende o punto de vista ofensivo e o traballo de todos e cada un dos compoñentes do equipo en labores defensivos.




Por outro lado, celebrar o debut neste deporte de 
Iago e Xabi que demostraron a súa ilusión e entrega en todo momento, ao igual que o resto dos seus compañeiros.


En resumo, merecida derrota do noso equipo, que deixou claro que ten que mellorar moito, pero que con esa actitude e entrega, a bo seguro o conseguirá ao longo da tempada.


Aliñación: 
Andrea, Antón, Lorenzo, Adrián, Oscar, Iago, Quique,Roberto, Emilio, Xabi e Danyer.