Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 9 de abril de 2013

Convocatoria Selección Provincial A Coruña


O vindeiro mércores 1 de maio celebraráse en Santiago de Compostela a 10ª edición do Campionato Galego de Selecccións Provinciais das categorías: alevín mixta, infantil masculina e infantil feminina. Como ben sendo habitual neste torneo, as selección de
A Coruña e Pontevedra competirán con xogadores de 1º ano ou e de 2º ano da categoría inmediatamante inferior.

A primeira preselección de Xogadores terá lugar este domingo 14 de abril en Carballo, no Pavillón Vila de Noia. Os adestramentos serán á seguinte hora:

Alevín mixta: de 15:30 a 17:00 horas.
Infantil Feminina: de 17:00 a 18:30 horas.
Infantil masculina: de 18:30 a 20:00 horas.

*Os nenos deben estar 10 minutos antes na instalación; deben levar calzado para cambiar, chandal e equipación do Ribadosar. Adestrarán unha hora e media; ahí o corpo técnico de cada selección lle explicará aos pais o funcionamento desta preselección.

Esta é a relación de xogadores convocados para esta 1ª preselección. 

Noraboa, moita sorte a todos.


1 comentario: