Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 27 de maio de 2014

Fase Final Provincial 31 de maio

O proximo sábado día 31 de maio  celebrase en Pontedeume a Fase Final Provincial.

Para esta fase clasificabanse os tres primeiros equipos do noso grupo(B), un equipo do grupo Centro  e os catro primeiros do grupo A.

O Ribadosar Benxamín clasificouse para esta fase quedando 2º do seu grupo.

Deixovos o programa que mandaron da federación para esta xornada. Click na imaxe para vela con máis resolución.


Os Benxamins teñen que sair dende o Colexio Quiroga Palacios o sábado día 31 as 9:25 estar 5 minutos antes.

 A organización daralle aos xogadores un bocadillo para comer nas instalación apartir das 13:00 horas

Entrega de trofeos as 20:15.






martes, 20 de maio de 2014

3º e 4º posto fase final Alevín 7 Delegacion da Coruña

O sábado 24 de maio o equipo de alevín 7 xoga polo terceiro e cuarto posto no pavillón Quiroga Palacios contra o Camariñas. Ver Horarios.  Vinde todos animar!!!!!!


Noraboa!!!!!!!



venres, 9 de maio de 2014

Campamento Deportivos 2014


Para este ano, o Concello de Santiago de Compostela conta con 28 prazas para a 1ª
quenda (do 29 de xuño ao 5 de xullo) na que poderán participar os rapaces e
rapazas empadroados en Santiago e nados nos anos 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000.
Para inscribirse, é preciso que presenten, en calquera dos Rexistros do Concello, a
seguinte documentación:

  1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polos pais ou titorla do solicitante.
  2. Unha foto de carné.
  3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  4. Fotocopia do Libro de familia ou carné de identidade.
  5. Copia de aboamento da cota de inscrición. (Posterior á confirmación da praza por parte do Concello). (A cota de inscrición son 85 q
  6. No caso de tratamento específico ou doenza que haxa que ter en conta, xustificante médico asinado polo facultativo pertinente. IMPORTANTE facer constar as alerxias alimentarias ou de calquera outro tipo.

Os Rexistros do Concello son:

  • Rexistro Xeral : RI Presidente Salvador Allende, 4 Baixo (Galeras)
  • Rexistro Auxiliar CERSIA empresa: Avda. do Alcalde Raimundo López Pol s/n.(San Lázaro) 
  • Rexistro Auxiliar do Ensanche: Rúa Frei Rosendo Salvado, 14-16 (Centro Sociocultural)
A data límite de presentación da inscrición remata o luns 19 de maio.
No caso de ter máis solicitudes que prazas asignadas pola Deputación, o Concello
realizará un sorteo diante do Secretario, unha vez rematado o prazo de inscrición.
Na páxina web da Deputación da Coruña www.dicoruna.es está toda a información
necesaria sobre esta actividade podéndose imprimir a inscrición correspondente
(Tríptico) .
Para calquera dúbida poden chamarnos ao Departamento de Deportes ao teléfono 981 528 730
9,00 a 14,00 horas.



martes, 6 de maio de 2014

Fin de semana con moito balonmán

O equipo infantil xoga o venres e o domingo no Quiroga Palacios, con esto acaba a competición oficial por esta tempada. Por outra banda están os alevíns (Ribadosar Omega) e os benxamíns que se xogan estar na fase final, pasan os 3 primeiros do noso grupo. Ver Horarios.