Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 1 de outubro de 2014

Presentación dos equipos de balonmán do Club Ribadosar Temporada 2014/2015 sábado 4 de outubro

Dende aquí queremos invitarvos a todos os nen@s, pais, nais, soci@s, seareir@s  a participar cada un na súa maneira nesta maña que vimos a celebrar dende que iniciamos a nosa andadura con este fermoso deporte nesta magnifica cidade que non se merece menos que ter representación en Galicia cos nosos equipos de balonmán.
A xornada vaise celebrar no Pavillón do Restollal dará comezo  a iso das  dez da maña con xogos e actividades para os nenos e nenas con idades entre os seis e os once anos. A iso das 11:15 faremos a foto oficial,  inmediatamente despois podemos ver o partido amigable de infantiles 2ª galega entre os equipos Ribadosar - Culleredo.
As trece horas dará comezo o partido tamén amigable de categoría xuvenil 2ª galega entre o Ribadosar – Xallas. Finalizaremos a eso das duas e dez mais ou menos.
E unha maña que promete, animádevos a vir a ver os vosos equipos.
Dende aquí queremos agradecer a colaboración das distintas empresas,  grazas a elas este camiño faise mellor.
O noso agradecemento ao Balonmán Xallas e o BM Culleredo por prestarse a vir a xogar, sabemos a esforzo que lles supón.      
Grazas pola vosa colaboración

Arriba Ribadosar!!!!!


Ningún comentario:

Publicar un comentario