Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 24 de febreiro de 2016

Xornada de mini - Balonmán en Santiago

Este sábado 27 de febreiro  xogan os máis pequenos no Pavillón Quiroga Palacios. Veñen os equipos do Xiria e do Alca.

Domingo 28 viaxamos cos infantiles a Cangas e cos Xuvenís a Vigo.

xoves, 18 de febreiro de 2016

Frigoríficos Morrazo - Barcelona Lassa

Onte mércores 17 de febreiro tivemos a ocasión de ver un partido en primeira liña de dous equipazos,  Frigoríficos Morrazo - Barcelona Lassa.



Dende aquí agradecer as invitacions ao Balonmán Cangas. Grazas.

Horarios Fin de Semana.

O sábado 20  partido dos xuvenís no Restollal e o domingo 21, maña de balonmán Infantil no Quiroga Palacios. Benxamíns e Alevíns descansan.


sábado, 13 de febreiro de 2016

Avisos

Aplazado Partido de Infantil Masculino o 14/02/2016 (Quiroga Palacios) por mal estado da pista.

Frigorificos do Morrazo - FC Barcelona Lassa

O BM Ribadosar o mercores 17 de febreiro vai animar ao Frigorificos do Morrazo contra un Barça indominable. Cangas!!!


O Mércores 17 de febreiro as 20:30 en Cangas do Morrazo xoga o BM Frigoríficos  do Morrazo Contra o FC Barcelona Lassa no Gatañal.  Dende o BM Ribadosar falamos coa directiva do Cangas e poñen a nosa disposición entradas para os nosos xogadores. Os adultos terían que pagar a entrada (aprox. 15€, por confirmar). 

A idea e que si somos un mínimo de 25 o club Balonmán Ribadosar poñerá un autobús de balde para todos os xogadores e socios que queiran ir, ata completar aforo de 55 prazas por orden de inscrición no formulario, (terán preferencia os socios sobre os non socios).

No caso que non se chegase a un mínimo de 25 prazas cubertas teríase que ir en coches particulares.

O Autobús vai sair do Colexio Quiroga Palacios as 18:00 horas.

Estaremos de volta en Santiago a eso das 23:30 horas






mércores, 10 de febreiro de 2016

Xuvenil

O Domingo no restollal victoria do BM Ribadosar Balonmán.com contra o BM Cañiza Xestaservi (23 - 21) un partido moi axustado.



Cuartos na táboa despois do partido contra A Cañiza


Este fin de semana todos a O Rosal


Horarios fin de semana

Xa temos os horarios do fin de semana do 13 e 14  de febreiro. Os benxamíns xogan en Carballo, os xuveniles no Rosal, os infantil mixto en Ferrol, o infantil masculino na casa e os Alevíns descansan.


mércores, 3 de febreiro de 2016

Xuvenil

O Noso equipo xuvenil comenza o domingo 7 de febreiro a Copa Federación que ten unha duración ata o 3 de abril.

Como se pode ver na seguinte táboa vamos clasificados en 5ª posición empatados a puntos co 4ª.


Dende aquí queremos facer un reconocemento pola mellora que estamos a ver como equipo a toda a plantilla:  Roberto, Dani Maceiras, Oscar, Quique, Dani Gomez, Oscar Dosil, Javi Aboal, Ricardo, Marcos, Andres, Alex, Javi Bonome, Adrian, e a nova incorporación Rökkvi que esperamos que se sinta arroupado na sua nova casa, sin olvidarnos tamén do adestrador Enrique, delegados Juan Carlos, Juan e Luis Miguel.

Dani M., estamos contigo desexamosche o mellor, que te recuperes, e que pronto podamos verte e compartir pistas contigo. Ánimos!!

Vamos Rapaces!!! a seguir adestrando forte para poder mellorar.  un, dous, tres ARRIBA...!!!

Dende aquí animamos a todos os siareiros a que veñades animar.

Partidos Entroido 2016.

Este fin de semana (sábado e domingo de entroido) nas categorías Infantil masculino e xuvenil non descansamos. Os infantiles xogan en Ourense e os xuvenís empezan a Copa Federación xogando no Pavillón do Restollal contra o BM CAÑIZA XESTASERVI. As demais categorias teñen vacacions polo entroido.