Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 21 de xuño de 2016

Actividades Peche Tempada 2015/16

Un ano máis chegou ao fin a tempada de balonmán.

O pasado venres 17 de xuño celebramos no Colexio Quiroga Palacios o peche das escolas de balonmán en categorías benxamín e alevín, asistiron case todos os nenos das escolas. Empezamos cunha exhibición dos nenos/as  aos asistentes seguindo con partidos contra os pais/nais  no cal se viviu un ambiente moi festivo.

Terminamos a xornada con entrega de medallas a todos os xogadores da escola e agradecemento aos adestradores polo traballo feito durante toda a tempada.

O domingo 19 de xuño fixemos o peche da tempada do club con todas as categorías, empezamos no Quiroga palacios a iso das 10:00 AM con xornada de portas abertas onde os máis pequenos estiveron cos adestradores e  xogadores de categoría cadete e xuvenil vendo as distintas posicións en balonmán coas súas particularidades, (bote, Pase, Portería, lanzamento, defensa, etc.), acabamos poñendo en práctica todos eses conceptos.

Ás 12:00 empezados co sorteo de distintos lotes de material escolar e balóns de balonmán entre todos os nenos asistentes para continuar logo coa foto de fin de tempada
Celebramos un  partido amigable entre os equipos Balonmán Ribadosar vs Balonmán Xallas coa súa entrega de trofeos.

Pola tarde comida, piscina, e xogos ao aire libre para todos os xogadores que asistiron na Casa Grande do Bachao.

Aproveito estas liñas a para agradecer a Toldos Gómez, Distrisantiago, Concello de Santiago, Federación Galega de Balonmán, Espina e Delfín, Deputación da Coruña a colaboración que teñen co Ribadosar sen a cal levar este proxecto a bo fin seria moi complicado. Grazas!



Pincha na foto para ver mais do Festival 



Pincha na foto para ver mais do peche de tempada



Ningún comentario:

Publicar un comentario