Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

martes, 13 de decembro de 2016

Horarios Fin de Semana do 17 de decembro

O vindeiro sábado 17 de decembro temos a última xornada oficial deste ano 2016 en categoría Infantil e Cadete.

Empezamos a xornada no Pavillón Quiroga Palacios ás 10:00 coa sesión de Foto oficial do equipo Infantil e ás 10:30 co partido de infantil masculino liga galega entre os equipos Bm Ribadosar  vs Colexio Liceo.

Ás 11:45 foto oficial do equipo Cadete e  as 12:15 partido do equipo cadete masculino liga galega entre o Bm Ribadosar.es vs Nova Xestión Pavillón.

Continuaremos co tradicional xantar de nadal que celebramos todos os anos,  este ano na Casa Grande do Bachao ás 15:00 horas. (Situación Maps)

Esperamos contar con todos vós animando ao voso equipo.  

1, 2, 3,  Arriba Ribadosar!!!





Crónica xornadas días, 10 e 11 de decembro

O pasado fin de semana, celebrouse en Compostela no pavillón Quiroga Palacios,  a xornada número 4 de mini balonmán provincial grupo oeste.

A familia do balonmán reuniuse cos máis pequenos en Santiago o sábado 10 de decembro, os partidos empezaron ás 10:00 e terminaron ás 13:45, todo saíu segundo o previsto. Tivemos a presenza de equipos dos concellos de Carballo,  Camariñas, Zas, Santa Comba, ademais dos de Compostela. Participaron un total de 20 equipos de categorías alevín e benxamín (aproximadamente 200 xogadores) , o que nos fixo sentir un bo ambiente de balonmán a mañá do sábado.

Agradecemos a colaboración do departamento de Deportes de Santiago, Federación Galega de balonmán, Toldos Gómez e Voluntarios do Ribadosar, sen os cales estas xornadas serían imposibles levalas a cabo.

Doutra banda o equipo Infantil viaxo o domingo a Carballo para disputar un partido contra o  Marmolería José Rey XIRIA. Iniciamos o partido moi ben estando durante os primeiros 20 minutos moi igualados, a partir de aí os fallos do Ribadosar e os acertos do José Rey fixeron que estes fosen collendo vantaxe facéndose así co partido. Resultado Final 28 ? 16.
Parabén ao Marmolería José Rey XIRIA.




martes, 6 de decembro de 2016

Balonmán en Santiago

O sábado día 10 de decembro temos outra xornada de mini - balonmán na nosa cidade onde se enfrontarán durante toda a mañá, un total de 20 equipos de categorías alevín / benxamín. Contaremos con equipos de Carballo, Camariñas, Santa Comba e Zas ademais dos que temos en Santiago.
Promete unha mañá de sábado chea de balonmán, a cal dende o Ribadosar queremos animarvos a que asistades  a ver o espectáculo dos máis pequechos. Vai ser no Pavillón do Cardeal  Quiroga Palacios (Conxo) a partir das 10:00 da mañá.


Por outro lado temos aos infantís que o domingo 11 viaxan a Carballo para medirse co Balonmán Xiria. Ánimo Rapaces!!!