Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 29 de marzo de 2017

A semifinais!!! Parabéns.

O equipo cadete acaba de clasificarse para as semifinais da Copa Federación 2ª división galega ao quedar 2º de grupo, perdendo tan so contra o BM  Pontedeume 1º de grupo.

Os rapaces do Ribadosar Cadete están a facer un traballo moi bo, mellorando xornada tras xornada  e cada día con mais compromiso, a seguir traballando así.

O fin de semana dobramos xornada, o sábado xogamos contra o Lucus en Lugo, un partido no que tivemos sempre por diante no marcador pero moi axustado, un Lucus moi peleón ata o ultimo segundo, o marcador saldouse cun 27- 34 a favor do Ribadosar.
O domingo visitounos o Pontedeume co que estabamos empatados a puntos, este partido desfacía o empate. Prantexamos un partido a todo ou nada para ver si podiamos quedar 1º de grupo pero non foi posible, o Pontedeume estivo con un poderío físico que non estivemos ao nivel para podelos frear.  O marcador saldouse cun 24- 33 a favor do Pontedeume.

Con todo isto o Ribadosar pasa as semifinais de 2º de grupo, agora a dalo todo.


Parabéns.

UN, DOUS, TRES,  ARRIBA RIBADOSAR!!!! 

Bases da Copa Federación Cadete M. e datas das semifinais 

Ningún comentario:

Publicar un comentario