Un deporte, unha pasión...

Primeiro Club de Balonmán en Santiago de Compostela

Conctata con nos no ribadosar@gmail.com

mércores, 7 de febreiro de 2018

Sábado de entroido


Este fin de semana comeza a copa federación na que vai  participar o noso equipo cadete BM Ribadosar Táboa Asesores no grupo C.

O Bm Ribadosar Amancio Deportes o pasado fin de semana caeu ante un Nova Xestión Pabellón que moi superior no 1º tempo, no segundo os nosos aumentando eficacia en lanzamentos, unha defensa mais sólida e unha portaría espléndida fixeron que o partido se vise mais equilibrado. Este fin de semana mídense ante o Culleredo que un ano mais ben moi forte.

No que respecta a categoría infantil este fin de semana tócalles madrugar para ir a  xogar a Lugo, tanto o equipo feminino coma o  masculino.

Os benxamíns e alevíns este fin de semana descansan para repoñer forzas coas orellas e cocido. Moi bo resultado dos benxamíns  ante o Camariñas. A seguir así.

Moita sorte para todos e a desfrutar do entroido. 

    

Ningún comentario:

Publicar un comentario